top of page
fondo_principal.jpg
logo_transparencia_Mesa de trabajo 1.png
marca.png
Inicio: Inicio
Quen Somos

CMVMC de Santa María de Oia

A CMVMC de Santa María de Oia é unha entidade sen ánimo de lucro creada no ano 1981 e composta por 140 socios comuneiros/as pertencente a unha das seis parroquias do concello de Oia, concretamente á parroquia de Santa María de Oia. Ten unha superficie de 475 hectáreas dividida en tres montes que son Vicaludo, Castro, Mariña e Lagüellas e está situada entre as comunidades de Pedornes polo norte, este coas de Burgueira e Loureza, sureste Santa Mariña do Rosal e oeste co océano Atlántico.  As características principais desta comunidade son a propiedade de carácter xermánico, inalienable, imprescriptible e indivisible; e o seu funcionamento asembleario fai que os acordos da  xunta reitora sexan tomados  polas asembleas das  socias comuneiras/os así como a elección destas.

A NOSA POLÍTICA DE TRABALLO E OBXECTIVOS.

O eixo fundamental que rexe as nosas directrices de traballo basease principalmente na transformación radical do monte, no cambio de modelo existente que se artellaba na simple explotación madeireira; unha práctica exclusivamente mercantilista que a día de hoxe é totalmente incompatible coas novas necesidades que marcan as sociedades e sobre todo o contexto medioambiental a nivel de todo o planeta.

A pedra angular desa transformación por este orde é a conservación e recuperación do medio ambiente, a recuperación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico, a protección da fauna e  flora e a promoción cultural.

Todo este plantexamento redunda na creación de emprego vinculados aos traballos de silvicultura que seguen as directrices marcadas polo Plan de Ordenación.  

Unha máxima para esta comunidade é que prevalece o interese medio ambiental e social sobre o económico. Outra liña de actuación pola que apostamos é a educación, divulgación e respecto dos valores naturais dirixida aos colexios sobre todo. A concienciación da sociedade en xeral é unha das nosas apostas máis fortes. Queremos ser na nosa humilde posición global un elemento de loita contra o cambio climático.

quen somos con logoS.jpg
Que temos
fondo_a natureza.jpg

 

NATUREZA

e

 

PAISAXE

fortaleza.jpg

Castro de chavella

maís información no documento Sondaxes Arqueolóxicas 2015 no Castro da Chavella (Oia, Pontevedra). 

Entorno
Contáctanos

¡Gracias por tu mensaje!

Inicio: Contacto
  • Facebook
  • Instagram
  • YouTube
logocomunidad montes14 copia (1).jpg
logo descenter_Mesa de trabajo 1.png
Concello-de-oia.jpg
bottom of page